-->

NÓS





Nacemos como unha unión de persoas enfermas de sida ou que vivían co VIH, que decidiron xuntarse para apoiarse mutuamente, recuperar a dignidade e paliar a exclusión social que padecían. Había moita desinformación e ese motivo carrexaba momentos de moita inxustiza.


Á parte da nosa loita contra a sida, en CASCO dedicámonos tamén á integración social. Sempre estivemos preto dos máis desfavorecidos. Os nosos principios son claros; cremos na igualdade real, a solidariedade e en preservar a dignidade das persoas.

Para levalo a cabo, contamos con 28 traballadores (2 procedentes do programa Garantía Xuvenil) e diferentes voluntarios.



O Comité ANTISIDA dá Coruña, ao longo dos seus 30 anos de existencia. foi evolucionando xunto á sociedade para tentar axudar nas súas carencias, co fin de evitar calquera exclusión social.