PISO VIH
Servizos:
O Piso de Acollida de VIH é un recurso destinado a persoas que viven con VIH, con problemas de saúde, desprotexidas e sen vínculos sociais nin recursos económicos.
Obxectivos:
Obviamente cada persoa é valorada de maneira individual polo noso equipo de profesionais. Os obxectivos da estancia no piso pretenden ser:
— Recuperación física: Adquisición de hábitos de hixiene, alimenticios, fomento do coidado da saúde, regularización de tratamentos, restablecemento do nivel de defensas, rehabilitación, autonomía na realización de actividades cotiás, limpeza e mantemento do fogar, etc.
— Recuperación formativa e social, na que se potenciará a adquisición de coñecementos suficientes, tanto xerais como nun oficio determinado.
— Inserción laboral e/ou autosuficiencia económica da persoa fomentando a súa independencia completa.
Horarios: 24 horas/día 365 días/ano.
Teléfono de información: 981 14 41 51
E-mail: comicasco@hotmail.es / comicasco@gmail.com

