-->

PUNTO DE CALOR




Servizos:

O noso Punto de Calor é un local destinado a cubrir as necesidades máis básicas das persoas sen recursos. Nel conviven diferentes perfís de persoas que por unhas razóns ou outras, acoden a nós para:



— Aseo persoal en xeral.
— Usar o noso servizo de lavandería, con lavadora e secadora.
— Recoller algo de roupa e víveres.
—  Socializarse, atopar un lugar tranquilo e agradable.
— Almorzar, tomar un café.
— Comer a medio día algo quente.
— Utilizar internet, a nosa biblioteca.
— Asesoría xurídica, social e apoio psicolóxico.
— Repartición de preservativos a profesionais sexuais.
— Programa de intercambio de xiringas.

Aproveitamos o espazo tamén para facerlles chegar:

 — Información acerca de enfermidades comúns entre usuarios de drogas, profesionais da prostitución, transeúntes, etc.

 — Bibliografía especializada ao servizo de todas as persoas que o demanden.

 — Realización de Traballos en Beneficio da Comunidade.

Horarios: luns a venres de 10:00 a 16:00 / #Fin# de semana e festivos de 10:00 a 14:00

Lugar: Parte do local de CASCO situado na rúa Padre Sarmiento Nº 24 baixo.



Teléfono: 981 14 41 51

E-mail: comicasco@hotmail.es