O Programa de Prevención abarca diferentes ámbitos de actuación.
— Realizamos nas nosas instalacións a Proba Rápida en saliva de detección de anticorpos de VIH.
— Ofrecemos apoio social e seguimento de novos diagnósticos de VIH+ que o requiran.
— Información e asesoría acerca de prácticas seguras mediante teléfono, internet ou de maneira presencial.
— Difusión da información a través da web e RRSS.
— Campañas de prevención, repartición de material preventivo e diagnóstico precoz en mozos na UDC.
— Presenza e repartición gratuíto de material preventivo no lecer nocturno e locais de ambiente.
— Talleres formativos en institutos, centros municipais, prisión e asociacións.
— Repartición gratuíta de preservativos a poboación xeral.
— Contacto colaborativo, prevención, diagnóstico precoz de infección por VIH, repartición de material preventivo coas principais asociacións LGTBI da Coruña.
— Programa de Acción vinculada ao mundo rural xa que vemos importante facer unha xestión especializada neste ámbito que, en moitas ocasións, a intervención ten grandes carencias.
Falemos de sexo, que é san.